"Xiao" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Brión. Foi construída na segunda metade do s XVII sobre un templo románico anterior. O proxecto atribúeselle a Francisco A. Fernández Sarela, mais nela traballaron os mestres locais Juan A. Nogueira e Tomás do Río. No interior destaca o retablo maior barroco do s XVIII e unha cruz parroquial de 1826. O campanario construíuse en 1827.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Foz. Consta dunha nave con cuberta de madeira e dunha ábsida cuadrangular á que se lle engadiron dúas capelas laterais. No exterior destaca a espadana da fachada, dun só corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chinés. Estudiou en Francia (1921-1924) e na URSS (1925-1926). De regreso a China, colaborou na fundación do Exército Vermello (1929) e participou na Longa Marcha (1934-1935). Na Segunda Guerra Mundial integrouse, como oficial político, no exército que se enfrontou ás tropas xaponesas. Logo do establecemento da República Popular de China, o 1 de outubro de 1949, accedeu aos cargos de viceprimeiro ministro do Consello de Estado (1952), secretario xeral do Comité Central do Partido Comunista Chinés (1954) e membro do Politburó (1955). Durante a Revolución Cultural (1966-1969) sufriu duras críticas, foi cesado dos seus cargos e desapareceu da vida política. No 1973 volveu á política e, coa axuda do primeiro ministro Zhou Enlai, foi nomeado membro do Politburó (1974-1976) e viceprimeiro ministro (1975-1976). Despois da morte de Mao Zedong (1976) foi nomeado de novo viceprimeiro ministro (1977-1980) e dirixiu a desmaoización do país, que se iniciou co Proceso de Pequín contra os sectores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Rodeiro. De época románica aínda que con reformas posteriores, ten planta rectangular e ábsida máis reducida. Na parte sur do presbiterio engadíuselle unha sancristía acaroada. Na fachada destaca a porta con arco de medio punto con decoración e capiteis decorados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de san Xiao, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Narón baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Construída a finais do s XII, conserva da primitiva fábrica románica a cabeceira. A ábsida, de forma semicircular e cun tramo recto, cóbrese cunha bóveda de canón e de forno. O arco triunfal descansa sobre dous pares de columnas rematadas con capiteis de decoración vexetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Toques baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hunan, China, situada ao NO de Wuhan, á beira do río Huan, afluente do Iang-Tsé (166.280 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO