Pedroso, San Xiao de

Pedroso, San Xiao de

Igrexa parroquial situada en Rodeiro. De época románica aínda que con reformas posteriores, ten planta rectangular e ábsida máis reducida. Na parte sur do presbiterio engadíuselle unha sancristía acaroada. Na fachada destaca a porta con arco de medio punto con decoración e capiteis decorados.