"Xoán V" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • PERSOEIRO

    Papa (685-686). Legado do Papa Agatón no terceiro Concilio de Constantinopla (680), fíxose consagrar sen a autorización do emperador de Oriente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Lisba 1869 -1750) Rei de Portugal (1706-1750), fillo de Pedro II. Participou na Guerra de Sucesión Española como partidario do arquiduque Carlos de Austria. Despois das derrotas de Almansa (1707) e de Caia (1709), aceptou o Tratado de Utrecht.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1341-1354; 1355-1376; 1379-1391), fillo de Andrónico III. Durante a súa minoría de idade tiveron lugar loitas entre a súa nai e titora, Ana de Savoia, e Xoán VI Catacuceno. En 1355 abdicou Xoán VI e puido reinar só. Coa axuda turca recobrou o trono, do que fora expulsado polo seu fillo Andrónico IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa. Fixo fronte ás invasións lombardas do duque de Benevento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1347-1355). Conselleiro íntimo de Adrónico III, ao converterse o fillo deste en emperador, Xoán V Paleólogo (1341), foi nomeado rexente. Foi destituído polas diferenzas con Ana de Savoia, titora de Xoán V. Proclamouse emperador e desencadeouse unha guerra civil. Reconciliado coa rexente (1347), esta recoñeceuno como o emperador principal por un período de dez anos. Fíxose impopular pola súa política fiscal opresiva e polos fracasos militares na loita contra os xenoveses. Favoreceu o hesicasmo. O golpe de estado de 1355 de Francisco Gattilusio, a favor de Xoán V, obrigouno a abdicar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1822-1826) e do Reino Unido de Portugal, Brasil e os Algarves (1816-1822) e emperador titular de Brasil (1822), fillo de Pedro III e María I. Foi nomeado rexente a causa da demencia da súa nai (1790-1816). En 1808 fuxiu da invasión das tropas napoleónicas e refuxiouse en Brasil, onde tomou o título de emperador. En 1821 retornou a Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (705-707). Influído por Xustiniano II aprobou os decretos do sínodo in Trullo (692).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1399-1402), filla de Andrónico IV. Derrocado polo seu tío Manuel III, ocupou o trono cando este marchou a Europa para demandar axuda contra os turcos. A desfeita de Baiazaet en Ancira (1402) provocou a súa caída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (872-882). Iniciou o costume papal de coroar os emperadores coa entronización de Carlos II o Calvo (875). Fixo as paces con Bizancio, rehabilitou o patriarca Focio e patrocinou as actividades misioneiras de Cirilo e Metodio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1425-1448), fillo de Manuel II. Asociárono ao trono en 1419. Para obter axuda dos latinos contra os turcos, dispúxose a restablecer a unión da Igrexa Ortodoxa con Roma, pero os seus súbditos negáronse a aceptala. Recibiu axuda dos polacos e húngaros e foi derrotado polos turcos en Varna (1444).

    VER O DETALLE DO TERMO