Ojo Guareña
Ojo Guareña
Galerías subterráneas situadas na Cordilleira Cantábrica, na provincia de Burgos, Castela e León. De relevo calcario e formadas pola circulación subterránea dos ríos Guareña e Trema, constitúen máis de 100 km de galerías subterráneas. Son un dos exemplos de relevo cárstico máis importante de España. No interior atopáronse santuarios prehistóricos e restos de invertebrados. Integradas na Red de Espacios Naturales de Castela e León, foron declaradas Monumento Nacional (1996).