Oka
Oka
Río da parte europea de Rusia, que constitúe o afluente máis caudaloso do Volga (1.500 km de lonxitude). Nace no centro da elevación de Rusia central e desemboca no Volga, en Nižnij Novgorod. Os seus afluentes principais son o Žizdra, o Mokša, o Kliazma e o Moskva. Pasa polas cidades de Or’ol, Kaluga, Nižnij Novgorod, Kašira e R’azan’, e é navegable desde Čekalin ata a súa desembocadura.