"Zanzíbar" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CIDADES

    Cidade e porto da illa de Zanzíbar, Tanzania, situada na parte central da costa occidental da illa (206.292 h [2002]). A súa cidade de pedra foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Océano Índico situada entre a plataforma continental de África, a 35 km da costa de Tangañika, da que está separada polo canal de Zanzíbar (1.660 km 2; 622.459 h [2002]). Pertence a Tanzania. A capital é Zanzíbar. É unha illa chá, constituída no sector occidental por un baixo coralino cuaternario, mentres que o sector oriental está formado por unha estrutura xeolóxica semellante á chaira litoral de Tangañika. O clima é tropical húmido. A poboación vive da agricultura. Islamizada a partir do s X, os portugueses ocupárona (1503) e convertérona nunha das súas bases principais ata que foron expulsados no s XVII. A mediados do s XVIII o sultanato de Omán restableceu os antigos lazos interrompidos polos portugueses. Converteuse en centro mercantil (escravos, marfil, tecidos, armas, ferramenta) de toda África oriental, así como nun importante produtor de especias. O sultán Bargash (1870-1888) abriu Zanzíbar á influencia británica, e esta conseguiu a clausura...

    VER O DETALLE DO TERMO