"Zero" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Kemerovo, en Rusia (107.000 h [estim 1991]). En 1928 fíxose a unión das poboacións de Anžero e de Sudžensk. Centro hulleiro desenvolvido na conca de Kuznetsk, preto de Novosibirsk, a súa importancia aumentou coa construción do ferrocarril transiberiano. Posúe industria química, do vidro e de equipamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sprach und Sachatlas Italiens und der Südschweiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago da oblast’ de Vologda, nas chairas de Rusia. Abrangue unha superficie de 1.200 km2 e ten 43 km de lonxitude e 32 km de largura. A cidade de Belozersk está comunicada con este lago por unha canle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e histólogo. Foi un dos primeiros en decatarse da importancia médica da microscopia anatomopatolóxica. Publicou o Manuale di microscopia clinica (Manual de microscopia clínica, 1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago da República de Carelia, Rusia, situado ao N do territorio. Localízase ao NO do lago Topozero, está unido a este e xuntos forman o pantano de Kum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago da República de Carelia, situado ao N do territorio (986 km2). Coa construción da central hidroeléctrica de Kum, quedou unido co P’aozero, no NO, e forman xuntos o pantano de Kum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión de caza xaponés deseñado por J. Horikoshi que se empregou na Segunda Guerra Mundial a partir de 1940.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico europeo nacido en Alemaña en 1957 que, concibido como un proxecto vital novo, partiu do ambiente artístico dos anos de posguerra, crítico cos valores do pasado. Nel confluíron as tendencias artísticas máis innovadoras da época: desde o monocromatismo de I. Klein e de P. Manzoni e as teorías sobre a cor de Jef Verheyen, pasando pola op art de J. Tinguely e o espacialismo de Lucio Fontana. Tivo a súa máxima actividade a partir da década de 1960, en que se celebraron numerosas exposicións e se editaron publicacións como Zero e Azimuth.

    VER O DETALLE DO TERMO