"Zug" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Quedar calmo, con sosego e tranquilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario e estadista xeorxiano, coñecido como Stalin. Fillo dunha familia proletaria, ingresou no seminario de Tbilisi cunha bolsa en 1894, pero foi expulsado pola súa militancia socialista en 1899. Nese ano adheriuse ao Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso e dedicouse á actividade revolucionaria clandestina entre os obreiros do Cáucaso e os empregados do ferrocarril. Detido no 1902, foi deportado a Siberia, pero fuxiu no 1904. Coñeceu a Lenin na Conferencia de Tampere (1905) e uniuse ao grupo bolxevique. Tralo fracaso da revolución de 1905 instalouse en Bakú e enfrontouse aos menxeviques polo control político da cidade. Asistiu á Conferencia de Estocolmo (1906) e, seguindo as suxestións de Lenin, ingresou no Comité Central do Partido (1912). Adoptou o nome de Stalin (aceiro) e no 1913 fundou o diario do partido Pravda, que tamén dirixiu. Pouco antes de ser desterrado a Siberia (1913-1917) redactou en Viena O marxismo e a cuestión nacional. Liberado,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Foi propietario do balneario do Incio e da fábrica de electricidade de Belesar (Chantada). Deputado polo distrito de Almagro (Ciudad Real) en 1916, representou posteriormente a Galicia como deputado polo distrito de Noia (1918-1923) e pola provincia de Lugo (1936). Trala Guerra Civil exiliouse en Francia onde fundou o xornal L’Espagne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón do centro de Suíza (239 km2; 100.250 h [2000]). A capital é Zug (22.386 h [1998]). Situado á dereita do Reuss, esténdese ao redor do lago homónimo, na zona de contacto entre os Prealpes e o Mittelland. Xunto a unha rica agricultura, desenvólvese unha importante industria. En 1273 foi comprado por Rodolfo de Habsburgo, e en 1352 entrou na Confederación Helvética. Durante as repetidas guerras de relixión loitou ao lado dos cantóns católicos. Ocupado polos franceses (1798), foi agregado, xunto con Uri, Schwyz e Unterwalden, ao novo cantón da República Helvética, Waldstätten.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extraer un líquido absorbendo coa boca. SIN: chuchar, chupar.

    2. Absorber os vexetais a auga. SIN: chuchar, chupar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista. Membro do Partido Socialista Obrero Español, foi director de El Socialista (1932-1937). Deputado (1931 e 1936), foi ministro de Gobernación (1937-1938) e secretario xeral do ministerio de Defensa (1938). Exiliado en París, foi detido polos nazis e conducido a España, onde foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen zuga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIMA

    Cima dos Alpes Bávaros, na alta Baviera, Alemaña, na fronteira co Tirol austríaco e ao SO de Garmisch-Partenkirchen. Con 2.964 m, é a altitude máxima de Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO