Zug
Zug
Cantón do centro de Suíza (239 km2; 100.250 h [2000]). A capital é Zug (22.386 h [1998]). Situado á dereita do Reuss, esténdese ao redor do lago homónimo, na zona de contacto entre os Prealpes e o Mittelland. Xunto a unha rica agricultura, desenvólvese unha importante industria. En 1273 foi comprado por Rodolfo de Habsburgo, e en 1352 entrou na Confederación Helvética. Durante as repetidas guerras de relixión loitou ao lado dos cantóns católicos. Ocupado polos franceses (1798), foi agregado, xunto con Uri, Schwyz e Unterwalden, ao novo cantón da República Helvética, Waldstätten.