"ab ovo" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina tomada do poeta Horacio (Ad Pisones 147) en que alude ao ovo de Leda do que naceu Helena. Significa literalmente ‘dende o ovo’ e, en senso amplo, ‘dende a orixe máis remota, dende o principio’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina tomada do poeta Horacio (Saturae1,2,8), forma ampliada daqueloutra ab ovo e que significa literalmente ‘desde o ovo ata as mazás’, é dicir, ‘dende o comezo ata o final da comida’ segundo a orde habitual dos pratos nunha comida romana e, en senso amplo, ‘desde o comezo ao final’. No ámbito literario, fai referencia á disposición da narración na que os acontecementos comezan no inicio lóxico e seguen a desenvolverse nunha orde cronolóxica e causal fronte á narración que comeza nunha fase intermedia da historia (in media res) ou no desenlace (in extrema res).