ab ovo usque ad mala

ab ovo usque ad mala

(

loc pl

Expresión latina tomada do poeta Horacio (Saturae1,2,8), forma ampliada daqueloutra ab ovo e que significa literalmente ‘desde o ovo ata as mazás’, é dicir, ‘dende o comezo ata o final da comida’ segundo a orde habitual dos pratos nunha comida romana e, en senso amplo, ‘desde o comezo ao final’. No ámbito literario, fai referencia á disposición da narración na que os acontecementos comezan no inicio lóxico e seguen a desenvolverse nunha orde cronolóxica e causal fronte á narración que comeza nunha fase intermedia da historia (in media res) ou no desenlace (in extrema res).

Ex: O seu discurso foi totalmente demagóxico ab ovo usque ad mala.

Citas

  • O seu discurso foi totalmente demagóxico ab ovo usque ad mala.

Palabras veciñas

ab intestato | ab origine | ab ovo | ab ovo usque ad mala | ab urbe condita | Ab Urbe Condita | 2 ab(s)-