"alt" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 697.
-
PERSOEIRO
Arquitecto finlandés. Pertenceu á terceira xeración de arquitectos modernos, que tentou independizarse dos dogmas do funcionalismo. Sen teorizar, achegou modestia (Pavillón de Finlandia na Exposición de París, 1936), tecnoloxía (biblioteca de Viipuri, 1927-1935), atención ao home (sanatorio de Paimio, Turku e Pori, 1932) e detalles. A súa arquitectura branca durou ata o 1939. No período vermello (uso do ladrillo) traballou na reconstrución, en obras como o edificio para dormitorio no MIT (Massachusetts Institute of Technology) de Cambridge, EE UU (1949), a casa da cidade de Säynätsalo, Keski-Suomi (1950-1952), o Centro de Cultura de Helsinqui (1955-1958) ou o estadio de Otaniemi (1954). No ano 1953 iniciou un segundo período branco que representa a súa casa de campo en Muuratsalo e a Maison Carrée, preto de París (1956-1958). Acadou sona...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor finlandés. De estilo realista, sacrificou pronto o coidado do detalle a prol do efecto de conxunto. Cultivou o cubismo durante certo tempo. Destaca como autor de baixorrelevos e esculturas monumentais como Sibelius e Nurmi, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor e realizador cinematográfico. Traballou como distribuidor de filmes estranxeiros e como produtor en Lotus Films. Foi realizador do documental El casamiento de Alfonso XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, filósofo e teólogo. A súa obra filosófica Taqwīm al-Di ḥ n (Rectificación da mente) recolle a lóxica dos catro primeiros libros do Organon aristotélico e do Isagoge de Porfirio, e trata da demostración dende un enfoque materialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Refírese á voz de tiple ou tenor que se achega á de contralto.
-
PERSOEIRO
Astrónomo. Desenvolveu a espectroscopia estelar e demostrou que a temperatura das manchas solares era inferior á do disco; así mesmo, determinou as magnitudes absolutas de diversas estrelas e estudiou as atmosferas de Marte e de Venus.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do arquipélago Alexander, Alasca. A poboación máis importante é Angoon.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Illas do Pacífico, no arquipélago de Bismarck, ao NL de Nova Guinea. Manus é a meirande das illas, e ten a principal poboación, Lorengau, que conta con aeroporto. Horno, Tong, Lou e Baluan son outras illas de maior tamaño do arquipélago. Os habitantes son de etnia melanesia. Descobertas por Le Maire e por Villem Schouten no 1616, foron ocupadas sucesivamente polos alemáns, polos xaponeses e polos norteamericanos, entre 1885 e 1944. En 1945 foron reintegradas á confederación australiana e na actualidade forman parte do territorio de Nova Guinea de fideicomiso australiano.
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira da Antártida, que bordea a costa de Victoria Land e culmina nos 3.000 m de altitude do monte Whewell.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que marca o límite entre a parroquia de Arcos (Mazaricos), e a de San Mamede de Carnota (Carnota). 492 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Sistema montañoso de América Central situada no NL de Honduras. É o resultado do pregamento terciario, en sentido NL-SO, que afectou aos materiais antigos. Culmina nos 2.590 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia e concello de Castro Caldelas, de 832 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e dramaturgo ecuatoriano. Formou parte do grupo de Guayaquil, iniciador no seu país dunha narrativa na que a psicoloxía cedía ante a exposición dos problemas colectivos. Escribiu, entre outras obras, as novelas Don Goyo (1933), Madrid, reportaje novelado de una retaguardia heroica (1937), El secuestro del general (1973), Jaguar (1976) e as pezas teatrais Lázaro (1941) e Trilogía ecuatoriana (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta castelán. Da súa produción poética, reunida a maior parte postumamente, coñécense sobre todo as composicións humorísticas como La cena jocosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Terras altas da Siberia central, na República Autónoma de Iacutia, ao N dos montes Stanovoi, cunha altitude máxima de 2.100 m. Constituído principalmente por gneises e granitos, drénano os afluentes do Aldan. Reservas minerais, principalmente auríferas.
-
PERSOEIRO
Zoólogo e ecoloxista norteamericano. Fixo unha contribución importante ao estudo do comportamento social, aos agregamentos e á distribución xeográfica dos animais, tanto en medios marítimos como terrestres. Escribiu Ecological animal geography (Xeografía ecolóxica animal, 1937), The social live of animals (A vida social dos animais, 1938) e Principles of animal ecology (Principios de ecoloxía animal, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Departamendo da rexión administrativa de Provenza-Alpes-Costa Azul, Francia. A capital é Digne-les-Bains (6.925 km2; 138.504 h [estim 1995]).
-
-
Abreviatura que indica un tipo de grupos de noticias (newsgroup) no que se debate sobre temas como a cultura alternativa (alt culture).
-
Abreviatura do termo inglés alternative co que se designa unha tecla de ordenador. En combinación con outras permite realizar determinadas tarefas por medio do teclado ou xerar calquera dos 256 caracteres ASCII.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca pirenaica de Catalunya, na provincia de Lleida (1.427 km2). Limita ao N con Andorra e con Francia. A cabeceira é a Seu d’Urgell e intégrana 19 concelllos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras, principalmente de meteoroloxía, co significado de ‘alto’.