Aalto, Alvar
Arquitecto finlandés. Pertenceu á terceira xeración de arquitectos modernos, que tentou independizarse dos dogmas do funcionalismo. Sen teorizar, achegou modestia (Pavillón de Finlandia na Exposición de París, 1936), tecnoloxía (biblioteca de Viipuri, 1927-1935), atención ao home (sanatorio de Paimio, Turku e Pori, 1932) e detalles. A súa arquitectura branca durou ata o 1939. No período vermello (uso do ladrillo) traballou na reconstrución, en obras como o edificio para dormitorio no MIT (Massachusetts Institute of Technology) de Cambridge, EE UU (1949), a casa da cidade de Säynätsalo, Keski-Suomi (1950-1952), o Centro de Cultura de Helsinqui (1955-1958) ou o estadio de Otaniemi (1954). No ano 1953 iniciou un segundo período branco que representa a súa casa de campo en Muuratsalo e a Maison Carrée, preto de París (1956-1958). Acadou sona cos seus mobles, principalmente as lámpadas e obxectos de decoración.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Kuortane -
Deceso
Lugar : Helsinqui