"antroido" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que asentou casa en Ribadavia. As súas armas levan, en campo de azul, tres bandas de ouro, engulidas en cabezas de serpes do mesmo metal e seis veneras de prata entre as bandas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
entroido.
-
SEMANARIOS
Semanario en galego aparecido en outubro de 1866 en Betanzos, que cesou en febreiro de 1897, con 19 números publicados. Dirixiuno Ánxel Vázquez Taboada e colaboraron nel: Bieito Losada, Pesqueira Crespo, Abellón, Bartolo e A.V.T. Foi editado na imprenta de Amenedo Ponte. Subtitulado “Trangallada pra tódol-os xueves de tódal-as semás de tódol-os anos. Amén”, na publicación facíase publicidade das festas do Antroido desta localidade, incluíndo sátiras en verso contra a relixión e a política.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal bilingüe aparecido na Habana (Cuba) no ano 1886. De carácter festivo, cesou no segundo ou terceiro número.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro independente creada en 1974 en Compostela por Roberto Vidal Bolaño e Laura Ponte. O seu propio nome dá proba do que son os seus espectáculos: en todos eles déixase sentir o peso da farsa, da festa comunitaria e da tradición dramatúrxica popular. Despois de presentarse cun espectáculo baseado no texto Amor e crimes de Juan el Pantera (1975) de Eduardo Blanco Amor e cunha segunda proposta, a partir da peza de Euloxio R. Ruibal As falcatrúas do Marqués Patacón (1976), a compañía centrou a súa actividade na posta en escena de espectáculos baseados nas propostas textuais do seu director, Roberto Vidal Bolaño. Así, cómpre mencionar Laudamuco señor de ningures (1978), con dirección de Eduardo Alonso e Xarará, Peituda, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou como trocar en rato pequecho o meirande xigantón (1979), Ruada das papas e o unto (1981), Touporroutou da lúa e do sol (1982) e Romance dos figos de ouro...