Antroido
Antroido
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que asentou casa en Ribadavia. As súas armas levan, en campo de azul, tres bandas de ouro, engulidas en cabezas de serpes do mesmo metal e seis veneras de prata entre as bandas.
Refráns
- Cada Entroido seu choqueiro.
- Martes de Antroido ¡cando has de vir! Casquiñas de ovos ¡como habés de ruxir!
- Martes de Entroido, ¡cando has de vir!, casquiñas de ovos, ¡case habés de ruxir!
- O Entroido coas súas malas artes boto u a san Matías fóra do martes.
- ¡Adeus, martes de Antroido, es valente gandul: tres días de boa vida, sete semanas de xexún!