antro

antro

(

  1. entroido.

  2. s m

    Lugar misterioso ou oculto. OBS: É un termo moi utilizado en literatura.

    Sinónimos: caverna, cova.
  3. s m

    Espacio ou lugar que presenta un aspecto desagradable ou no que resulta repelente estar.

    Ex: Deixou de traballar naquel antro porque non lle gustaba tratar con aquela xente.

    Confrontacións: tugurio.
  4. s m [ANAT]

    Cavidade ou espacio, especialmente dentro dun óso.

  5. antro auricular [ANAT]

    Caixa do tímpano.

  6. antro cardíaco [PAT]

    Dilatación anormal do esófago preto do estómago.

  7. antro de Highmore [ANAT]

    No ser humano, cavidade do maxilar superior que comunica co nariz.

  8. antro mastoidal [ANAT]

    No ser humano, cavidade na apófise mastoide que comunica coa caixa do tímpano.

  9. antro pilórico [ANAT]

    Fondo do estómago situado por debaixo do píloro.

Frases feitas

  • Antro de perdición. Lugar de depravación. Ex: Os meus pais pensan que as fins de semana imos a antros de perdición.

Palabras veciñas

antrectomía | antrimida | antrite | antro | antro | Antroido | antroido