caverna

caverna

(

    1. s f [XEOL]

      Cavidade natural do terreo que se atopa xeralmente en relevos cársticos.

      Ex: Encontraron un tesouro na caverna.

      Sinónimos: cova, espenuca, gruta. Confrontacións: cafurna, furna.
    2. home das cavernas PRE [PREHIST]

      Nome que recibían os representantes da humanidade primitiva, no s XIX e parte do XX, a partir da identificación dos primeiros restos humanos (Home de Neandertal e Home de Cro-Magnon) que apareceran en covas, feito que levou aos prehistoriadores a consideralos cavernícolas.

  1. s f [PAT]

    Cavidade ou escavación situada dentro dun parénquima, especialmente o pulmón, que aparece xeralmente no curso dunha tuberculose. As cavernas son unha fonte de difusión da tuberculose, sangran con facilidade e poden perforar a cavidade pleural, polo que se produciría un piotórax ou un piopneumotórax.