cavernoso -sa

cavernoso -sa

(< lat cavernosu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á caverna.

    Ex: Neste cuarto hai unha humidade cavernosa.

  2. adx

    Cheo de cavernas.

    Ex: Visitamos un lugar cavernoso.

  3. adx

    Aplícase á voz ou a calquera outro son humano que soa rouco.

    Ex: Foi ó médico porque ten unha tose cavernosa.

  4. corpo cavernoso [ANAT]

    Cada unha das dúas columnas eréctiles situadas no dorso do pene e do clítoris, e mais ao redor da uretra anterior masculina. Durante a fase de excitación sexual énchense de sangue e prodúcese a erección do órgano.

  5. seo cavernoso [ANAT]

    Cada un dos dous sacos venosos situados a cada banda da sela turca, entre a fisura esfenoidal e o vértice da porción petrosa do óso temporal.

Palabras veciñas

caverna | cavernícola | cavernoma | cavernoso -sa | caveto | Cavia | cavianca