cavernícola
cavernícola
(
-
adx e s
-
Que ou quen habita nas cavernas.
Sinónimos: troglodita. -
Aplícase aos tempos prehistóricos.
-
[ZOOL]
Aplícase ao animal que habita nas cavidades naturais, tales como cavernas ou grutas. Caracterízase polos órganos visuais reducidos e pola ausencia de pigmentación corporal. Ten ben desenvolvido os órganos do tacto, como as antenas ou as sedas. Constitúe a fauna hipoxea, con representantes de moitos grupos, especialmente insectos, arácnidos, miriápodos, crustáceos e moluscos.
-
-
adx e s
Que ou quen ten ideas reaccionarias ou retrógradas.
Ex: Demostra que é un cavernícola en todos os seus actos.