Cavendish, Spencer Compton
Político inglés, duque de Devonshire e marqués de Hartington. En 1857 ingresou na Cámara dos Comúns. Membro do Liberal Party, en 1866 foi durante algúns meses secretario de estado para a guerra. Entre 1868 e 1871 ocupou a dirección xeral de Correos e nacionalizou o sistema británico de telégrafos. Foi secretario para a India (1880-1882) e secretario de Estado (1882-1885) no goberno de William Gladstone. En 1886 opúxose á Irish Home Rule propiciada polo seu partido, separouse del e formou e dirixiu o Liberal Unionist Party. Rexeitou o cargo de primeiro ministro en 1880, 1886 e 1887, e en 1895 o de ministro de Asuntos Exteriores. Foi presidente do consello no goberno de lord Salisbury (1895-1903) e, posteriormente, no de Arthur James Balfour (1902-1905).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Holker Hall, Lancashire -
Deceso
Lugar : Cannes