cova
(< lat vulg *cova < latcavu ‘oco’)
-
s
f
-
Cavidade natural escavada nas rochas. O proceso de formación pode responder a causas moi diversas: a maioría fórmanse como consecuencia da disolución das rochas calcarias na auga (proceso de carstificación) ou en conglomerados de cemento calcario, xeso, sales e gres. Moitas corresponden a antigas áreas inundadas, nas que diminuíu o nivel freático ata quedar secas. Nas paredes son frecuentes as concrecións, producidas polo goteo da auga do teito, cargada de carbonato cálcico, feito que orixina as estalactitas e as estalagmitas. Tamén poden formarse en cantís fortemente batidos polo mar, covas de xeo en glaciares ou pola acción de correntes de lava subterráneas. Nas covas desenvolveuse un biótopo característico poboado por vexetais e animais diversos (morcegos). As sociedades primitivas empregáronas como refuxio, sobre todo durante o Paleolítico medio e superior. A ciencia que estudia as covas é a espeleoloxía.
Ex: Fomos á praia das Catedrais e puidemos entrar nas covas porque estaba a marea baixa. Os homes prehistóricos realizaron as primeiras manifestacións pitóricas nas covas.
Sinónimos: caverna, espenuca, gruta. -
cultura das covas PRE
[PREHIST]
Designación empregada por P. Bosch e Gimmpera para referirse a unha das civilizacións neolíticas da Península Ibérica. O posterior descubrimento de xacementos ao aire libre invalidou esa denominación. Os materiais que se acharon alí definiron un tipo de cerámica (cerámica cardial) que caracterizou as primeiras fases do Neolítico na Europa occidental.
-
-
s
f
Cavidade nun terreo que serve de refuxio ou vivenda a certos animais.
Ex: Iamos polo monte e vimos a cova dun raposo.
Sinónimos: coveira, tobeira, tobo. -
s
f
Cavidade practicada nunha rocha ou nun terreo de xeito artificial.
Ex: Á mina de auga chégase a través dunha pequena cova.
-
s
f
Lugar onde se enterran os mortos, especialmente cando está cavado na terra.
Ex: Sacaron o cadaleito da cova e comprobaron que o corpo estaba incorrupto.
Sinónimos: buraca, burata, sepultura, fosa. -
s
f
ivenda normalmente unifamiliar, constituída por un conxunto de habitacións escavadas total ou parcialmente na rocha.
Ex: En Orce aloxeime nunha cova durante o verán.
-
cova do brazo
[ANAT]
arxila.
-
cova da perna
[ANAT]
sofraxe.
-
cova do ollo
órbita.
Frases feitas
-
Estar cos pés na cova. Estar a piques de morrer por motivos de saúde ou de idade.