sepultura
sepultura
(< lat sepultūra)
-
s
f
Acción de sepultar.
-
s
f
Lugar de enterramento dun ou máis cadáveres.
-
sepultura eclesiástica
[DER/RELIX]
Conxunto de actos e cerimonias que acompañan o enterramento dun fiel defunto. Comprende o traslado do cadáver á igrexa, o funeral dentro da igrexa e o acompañamento ao cemiterio ou ao lugar de sepultura. Están excluídos os non bautizados, apóstatas, herexes e os excomungados e, antigamente, tamén os suicidas e os que dispuñan ser incinerados.