Cavendish, Henry

Cavendish, Henry

Físico e químico. En 1766, na súa comunicación Factitious Airs (Aires facticios), estableceu a diferenza entre o dióxido de carbono (aire fixo) e o hidróxeno (aire inflamable). En 1783, nos Experiments on Air (Experimentos sobre o aire), determinou a composición da atmosfera e preveu a existencia dos gases raros. No tocante á electricidade, investigou sobre a capacidade dos condensadores e as propiedades dos condutores, e introduciu a idea de potencial eléctrico. Descubriu as calores latentes e específicas, e puxo en dúbida a teoría do calórico. Determinou a constante gravitacional, a densidade da Terra e a súa masa.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nice

  • Deceso

    Lugar : Clapham, Londres