"apea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 23.

  • Corda moi grosa coa que se atan as patas dalgúns animais que están a pastar para que non poidan escapar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instalación ferroviaria onde os trens efectúan paradas discrecionais para recoller ou deixar pasaxeiros. Os apeadeiros non ofrecen servicios de venda de billetes, nin contan con persoal á disposición dos usuarios, limitándose a súa infraestrutura a unha exigua plataforma e, en ocasións, unha marquesiña onde abeirarse os viaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Panca empregada para deter ou poñer en marcha o funcionamento do muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obrigar ou facer que se baixe dun medio de transporte.

    2. Descender dun animal no que se monta.

    3. Atar as cabalerías para que non poidan escapar.

    4. Medir unha terreo e poñer os seus lindes.

    5. Deterse o movemento do rodicio do muíño de fariña por estar chea de auga a súa cavidade.

    6. Disuadir a alguén da súa opinión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Correa de coiro que se amarra á punta da canga do xugo para logo pasala por debaixo do pescozo do boi ou da vaca e así poder xunguilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador. Licenciado en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid. Colaborador en diversas publicacións (Tempos, Elipse, Golfiño, Frente Comixario, etc), realizou as ilustracións dos seguintes libros: Contos do paxaro azul (1994), A lenda da cidade asolagada (1995), O dado de lume (1997), O monstro da chuvia (1998) e O laboratorio do Dr. Nogueira (1998), entre outros. Dende 1998 realiza traballos de animación. Recibiu o primeiro premio no concurso nacional de cómics de Getafe (1988 e 1991) e no certame de banda deseñada Xuventude 94.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Entreter a alguén con evasivas e enganos.

    2. Superar con habilidade un compromiso, unha dificultade ou un traballo desagradable.

    3. Facerlle sinais a alguén desde lonxe coa intención de chamar a súa atención.

    4. Lidar coa capa unha res na arte da tauromaquia.

    5. Estar ou aguantar á capa, mantendo a embarcación parada, aínda con vento, para conseguir unha maior seguridade do barco en situacións de temporal.

    6. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ao significado ‘chamar a alguén’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Virginia, EE UU, (151.980 h[1990]). Situada no cabo Henry, a entrada da baía homónima, na que se instalaron os primeiros colonos ingleses en Norteamérica en 1524.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de contrapear.

    2. Aplícase á figura na que a cabeza e o remate coinciden, respectivamente, co remate e a cabeza doutra xeralmente igual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar unha peza de madeira sobre outra de forma que se crucen as súas fibras.

    2. Colocar cousas de xeito alterno unhas enriba doutras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mercedario galego. Foi asistente xeral da súa orde en Roma, fundador do colexio da Mercede xunto co marqués de Valdivia, vigairo provincial da orde e comendador do mosteiro de Poio. Colaborador en numerosos xornais e revistas, entre outras obras, publicou: Estudio histórico de la acción de los mercedarios en Chile (1919), Apostolado social del clero (1922), La escuela laica ante el tribunal de la razón y de la historia (1922), La cuestión social (1923), Prejuicios contra el catolicismo (1924), El problema del niño en el Ecuador (1925) e El apostolado seglar en los tiempos presentes (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacar as peallas á xugada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desapeallar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de drapear.

    2. Aplícase ás pezas, coma as faixas ou os paos, adornados con debuxos en forma de follaxe, de diferentes esmaltes.

    3. Disposición dun tecido ou vestidura de xeito que formen ondulacións ou pregaduras harmoniosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colocar ou pregar os panos dun tecido ou vestidura dándolles unha caída harmoniosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caer a neve en forma de farrapos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subir por algún lugar utilizando as mans e os pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga colonia grega de Crimea, na actual Kerč’, fundada probablemente por colonos milesios no s VI a C, en territorio habitado polos escitas.

    VER O DETALLE DO TERMO