"asuar" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘queimar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘ferreiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á locución ‘botar a perder’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás casuariformes.

    2. Ave da suborde das casuariformes.

    3. Suborde de aves que comprende individuos coas ás moi pequenas, inútiles para voar, pero de patas longas, grosas e moi fortes, aptas para camiñar e correr. Os principais representantes desta suborde son o emú e o casuario, característicos de Australia e de Nova Guinea, e o kiwi, propio de Nova Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores ou arbustos, da familia das casuarináceas, endémicos do sueste asiático, de Australia e das illas do Pacífico sudoccidental. Este xénero, que comprende unhas 50 especies, é propio de medios áridos e presenta as follas reducidas como se fosen pequenas escamas que se dispoñen en verticilos sobre as pólas; estas son verdes, articuladas e estriadas, e teñen capacidade fotosintética. Son plantas monoicas ou dioicas, con flores unisexuais e polinización anemófila, con froito en sámara. En Galicia está presente como ornamental a especie C. equisetifolia en xardíns e alamedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás casuarináceas.

    2. Vexetal leñoso da familia das casuarináceas.

    3. Familia de árbores e arbustos da orde das casuarinais que ten como único xénero a Casuarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás casuarinais.

    2. Árbore ou arbusto pertencente á orde das casuarinais.

    3. Orde de plantas pertencente á subclase das magnólidas que ten como única familia a das casuarináceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave do xénero Casuarius, da suborde das casuariformes, de ata 1,8 m de altura e con ás reducidas. A cabeza presenta unha crista córnea aplanada de máis de 15 cm, coa pel e o pescozo azuis. Algunhas especies teñen papadas pendurantes de cor amarela, laranxa ou vermella. As plumas, de cor negra, semellan pelos, ao careceren de barbas e pendurar do corpo. Posúen tres dedos, un deles situado na parte interior e cunha uña afiada. Son animais omnívoros que viven en parellas ou grupos familiares nas selvas tropicais do norte de Australia, Nova Guinea e illas adxacentes. A especie C. unappendiculatus, denominada comunmente casuario dunha soa crista , mide ata 1,8 m de altura e vive en selvas pantanosas, preto da costa ou xunto aos ríos de Nova Guinea. A especie C. bennetti, denominada casuario anano , mide ata 1 m de altura e vive nas selvas montañosas da maior parte de Nova Guinea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da orde das casuariformes ao que pertence o casuario.

    VER O DETALLE DO TERMO