"atü" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 368.
-
PERSOEIRO
Escritor armenio romántico. Escribiu a novela histórica de exaltación patriótica Rany Armenii (As feridas de Armenia), primeira en lingua popular e publicada postumamente (1856). Tamén cultivou a poesía.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Representación dunha palabra ou dunha expresión por medio dalgunha das súas letras. A súa orixe hai que buscala no xeito simbólico de representar os nomes sagrados (nomina sacra), polo que se pode dicir que tivo unha orixe relixiosa; posteriormente, introducíronse outras abreviaturas para economizar o espazo e aforrar papiro ou pergamiño. Na Idade Media, nun intento de conseguir velocidade na escritura, inventouse o sistema taquigráfico chamado notas tironianas, que se empregou para representar as palabras que aparecían con máis frecuencia; paralelamente, introducíronse as notæ iuris. Estes sistemas combináronse co de abreviaturas por suspensión, que deixa as palabras inacabadas (a. C.: ante Christum; etc.: etcétera) e o de abreviaturas por contracción, supresión de letras no interior dunha palabra (Sra.: señora; Excmo.: excelentísimo). A abreviatura indicábase cunha raia, xeralmente plana, aínda que se podían ofrecer outras variantes....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada no 1652 en Schweinfurt (Franconia, Alemaña) por G. L. Bausch. Dende 1878 está situada en Halle (Alemaña) coa denominación Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina. Está consagrada á recompilación de curiosidades médicas e biolóxicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ornamento consistente nunha brevísima nota que, executada case o mesmo tempo que a principal, produce unha disonancia. É frecuente na música de teclado do s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dificultade da micción por atonía da vexiga.
-
-
Que agatuña.
-
gabeador.
-
-
-
Subir unha persoa ou un animal por unha árbore, muro, etc, axudado cos brazos e coas pernas.
-
Medrar unha planta cara ao alto apoiándose nunha parede, árbore, etc.
-
Ferir na pel leve e superficialmente coas unllas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas ou arbustos americanos da familia das asteráceas, que comprende unhas 30 especies, de flores azuis, vermellas ou brancas. Algunhas son moi valoradas en xardinería polo seu longo período de floración como a A. conyzoides.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona que comprende e circunda a Albufera, declarada protexida no 1986 polo Consello da Generalitat Valenciana. A súa extensión é de 21.000 ha e protexe os ecosistemas da Albufera, da Devesa da Albufera e os pantanos circundantes. Ten importancia ornitolóxica debido a 260 especies de aves, das que máis de 80 son niñificantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Manco (Tordesillas 1781 - 1843) Guerrilleiro castelán. Loitou xunto co Empecinado contra Napoleón. Preso polos franceses en Tamajón (1812), colaborou despois con eles. No 1822 loitou pola causa absolutista e capturou a Bessières en Zafrilla (1825). Despois apoiou os liberais contra os carlistas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Superficie forestal de 746 ha, que en 1978 cambiou a declaración de sitio natural de interese nacional, que ostentaba dende 1935 pola de parque natural. A vexetación actual provén principalmente das repoboacións principiadas en 1910 con piñeiros, acacias, cipreses e cedros, e de pequenas manchas de vexetación autóctona. A presenza no parque de gandería cabalar en liberdade permite a celebración cada ano de curros e de rapas.
-
GALICIA
Político e avogado. Cursou estudios de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. En 1859 foi nomeado deputado a Cortes polo partido de O’Donnell e en 1860 fiscal de Facenda da Audiencia de Madrid e fiscal de imprenta, cargos que desempeñou ata 1866. Ao triunfar a revolución de 1868, uniuse á política de Cánovas e converteuse nunha figura importante do partido liberal-conservador, chegando a ocupar os cargos de fiscal do Tribunal Supremo, Ministro de Gracia e Xustiza e Ministro plenipotenciario de España en Lisboa, cargo que exerceu ata a súa morte. Ademais de traballar como avogado, diplomático e político, cultivou a poesía e colaborou na prensa do momento. Foi redactor dos xornais Diario Español e La Época.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece o médico portugués João Rodrigues de Castelo Branco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estatuto de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula de tratamento que corresponde a unha persoa ou corporación, posta antes da sinatura do escrito que se dirixe, para indicar o cargo que exerce ou algunha circunstancia significativa da sinatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contrario ao que é natural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado ao apoastro dos satélites de Saturno, con relación a este.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nota de adorno que se fai sentir antes da principal, dándolle un relevo particular ao soar un instante máis tarde do que o faría de non existir o adorno, e que constitúe a súa resolución se este creou unha disonancia.
-
CIDADES
Cidade do estado de San Paulo, no Brasil, na beira do río Tiete (113.486 h [estim 1980]).
VER O DETALLE DO TERMO