Ageratum
Ageratum
[PLANTA]
Xénero de herbáceas ou arbustos americanos da familia das asteráceas, que comprende unhas 30 especies, de flores azuis, vermellas ou brancas. Algunhas son moi valoradas en xardinería polo seu longo período de floración como a A. conyzoides.