"atrida" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
-
Que non ten ningunha nacionalidade.
-
Persoa individual que non ten nacionalidade. Esta situación prodúcese por un posible conflito negativo das leis de adquisición da nacionalidade ou pola existencia duns motivos legais de perda da nacionalidade (incluída a sanción penal), sen prever a posibilidade de adquirir outra.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos atridas, principalmente Agamemnon e Menelao.
-
Membro da ilustre liñaxe homónima grecomicénica. É ben coñecida pola literatura e a mitoloxía debido ao seu tráxico destino, que a fixo protagonista de moitas obras literarias, tanto épicas como tráxicas. O fundador dos atridas foi Pélope (ou Pelops); a súa muller Hipodamia tivo como fillos a Tieste e Atreo. A inimizade dos irmáns levou a Atreo a dar a Tieste nun xantar os fillos deste despezados, o que foi a causa primeira do aciago destino dinástico. De Atreo naceron Agamemnon e Menelao, heroes da Guerra de Troia: Agamemnon era o xefe, como primus inter pares, da expedición arxiva e Menelao era o home de Helena de Troia; o rapto desta serviulle de desculpa aos aqueos para emprender a toma do estratéxico enclave troiano (nas rutas que comunican Oriente co Mediterráneo polos estreitos do Mar Negro).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro da nobreza ática. Durante os ss VIII e VII a C detentaron o poder político, militar e económico. Tralas reformas de Solón perderon algúns dos seus privilexios, aínda que o seu patrimonio e algúns dos sacerdocios que ostentaban lles permitiron conservar o seu estatus privilexiado.