atrida

atrida

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos atridas, principalmente Agamemnon e Menelao.

  2. s

    Membro da ilustre liñaxe homónima grecomicénica. É ben coñecida pola literatura e a mitoloxía debido ao seu tráxico destino, que a fixo protagonista de moitas obras literarias, tanto épicas como tráxicas. O fundador dos atridas foi Pélope (ou Pelops); a súa muller Hipodamia tivo como fillos a Tieste e Atreo. A inimizade dos irmáns levou a Atreo a dar a Tieste nun xantar os fillos deste despezados, o que foi a causa primeira do aciago destino dinástico. De Atreo naceron Agamemnon e Menelao, heroes da Guerra de Troia: Agamemnon era o xefe, como primus inter pares, da expedición arxiva e Menelao era o home de Helena de Troia; o rapto desta serviulle de desculpa aos aqueos para emprender a toma do estratéxico enclave troiano (nas rutas que comunican Oriente co Mediterráneo polos estreitos do Mar Negro).

Palabras veciñas

atributo | atrición | Atricondo | atrida | atrigado -da | atril | atrincheiramento