"baso" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 18.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto andalusí. Dirixiu as obras da mesquita maior de Sevilla, comezadas no 1172. No 1184 alicerzou o minarete, coñecido na actualidade como Giralda, que continuou ‘Alī de Gómara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua africana que pertence á familia níxer-congo central setentrional e dentro do grupo craví. Fálase en Liberia por 150.000 persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, animador teatral e director de escena. Desenvolve a súa actividade na comarca da Ferrolterra impulsando iniciativas moi diversas, desde a promoción de grupos de teatro no eido escolar e asociativo ata a participación en diversas propostas de formación teatral de ámbito municipal. Participou igualmente na creación de grupos tan significativos como o Teatro Círculo de Perlío ou a Agrupación Teatral Tagallo, coa que dirixiu pezas como A boda do latoeiro (1982), a partir dunha obra de John M. Synge. En 1995 formou parte do elenco no espectáculo A larva furiosa, dirixido por Manuel Lourenzo e realizado pola Compañía Luís Seoane, en coprodución co Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director cunha longa traxectoria no teatro non profesional, fundamentalmente nos grupos Toxos e Froles e Amistade, de Ferrol; Agustín Iserni, de Redes (Camouco, Ares); ou Luzada, de Betanzos. Co Centro Dramático Galego participou nos espectáculos A fiestra valdeira (1994) e Valle-Inclán 98 (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de basófilo.

    2. Aumento do número de leucocitos basófilos no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten afinidade e se tinxe cos colorantes básicos.

      1. Tipo de leucocitos do sangue que posúen uns gránulos que se tinxen intensamente de azul con colorantes básicos de anilina. Proporcionan substancias anticoagulantes aos tecidos inflamados.

      2. Tipo de células do lóbulo anterior da hipófise produtoras de corticotropina.

    2. Organismo ou asociación vexetal que ten preferencia por substratos básicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medo morboso a non poder camiñar ou a caer mentres se camiña; obsérvase especialmente en pacientes con ataxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe procedente de Lugo. As súas armas levan, en campo de azul, unha vasoira. Outros apelidos relacionados con esta caste son Basoiro e Basoura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento que está formado por un pau que ten nun extremo un pequeno feixe de xestas, de ramas de diferentes plantas ou de fibras sintéticas, que se usa para varrer.

    2. Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘brocha’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira meridional da ría de Arousa, no litoral da parroquia e concello de Vilanova de Arousa, ao S da praia da Braña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Epíteto específico que provén do nome orixinal co que foi descrita unha especie e que se mantén por dereito de prioridade nas transferencias e cambios de rango nomenclatural. Deste xeito, para a correola de praia (Calystegia soldanella) o epíteto específico soldanella, empregado na descrición orixinal da planta baixo o nome de Convolvulus soldanella, o basónimo que se conserva no nome actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do muhāfaza homónimo, Iraq, na beira do río Šatt al-’Arab (406.296 h [1987]). Situada no oasis de palmeiras máis grande do mundo, o seu porto é o máis importante do golfo Pérsico. Fundada como praza militar polo Califa ‘Umar (638), 13 km río abaixo do emprazamento actual, foi trasladada no s XVI transformándose nun importante centro comercial e cultural. Durante os ss VIII e IX foi sede dunha importante escola filolóxica e dun centro teolóxico de filiación mutazilita do que xurdiron, entre outras, as figuras de Ḥ asan al-Ba ṣ rī e de al-Aš’arī. A finais do s IX, a escisión do califato abbásida provocou a súa decadencia. En 1779 foi conquistada polos turcos. Durante as dúas guerras mundiais a cidade foi ocupada polas tropas británicas que a utilizaron como base dos aliados. Resultou seriamente danada durante a guerra irano-iraquí (1980-1988) e a Guerra do Golfo (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muhāfaza de Iraq (19.070 km2; 1.168.000 h [estim 1991]). A capital é Basora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural da provincia de Ourense, que emprega tamén a forma Bayos. As súas armas levan, en campo de goles, un castelo de prata, aclarado de azul, sobre ondas de azul e prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Petrogrado 1922) Físico ruso. Profesor do Instituto de Física Levedev, de Moscova, Premio Lenin de 1959 e membro correspondente da Academia das Ciencias da Unión Soviética a partir de 1962. Polas súas investigacións no campo dos efectos laser e maser obtivo o Premio Nobel de Física en 1964, compartido con Alksandr Mihajlovič Prokhhorov e Charles Hard Townes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo prerromano de Gallaecia, do convento xurídico Bracarense. Mencionados na obra de Claudio Ptolomeo, non foi posible a súa localización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Pablo Neruda, en lembranza ao poeta checo Jan Neruda, foi cónsul en Madrid e Barcelona e estableceu unha grande amizade cos poetas da Xeración do 27. Partidario do bando republicano na Guerra Civil Española, ingresou no Partido Comunista en 1945. Candidato á presidencia da República de Chile en 1970, renunciou a favor do seu amigo Salvador Allende. Escribiu ao redor de corenta obras, como Veinte poemas de amor y una canción desesperada (1924), Residencia en la tierra (1935), España en el corazón (1937) e Tercera residencia (1947), en que iniciou o seu estilo épico, dunha retórica luminosa e dunha grande agresividade política, que tamén plasmou en Canto general (1950), poema en quince cantos que vai desde a evocación da América precolombina ata a exaltación política actual. Nos volumes de Odas elementales, iniciados en 1954, cantou as cousas máis elementais e cotiás. Tamén cómpre salientar os seus libros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade fitocenolóxica inferior á asociación, que se caracteriza por un grupo de especies diferenciais, que son menos frecuentes ou faltan nas outras subasociacións das que consta a asociación.

    VER O DETALLE DO TERMO