"batú" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 19.

  • Lingua africana da familia bantú e do grupo bantoide, pertencente ao subgrupo Tiví-Batú que se fala en Nixeria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico dos altiplanos de Etiopia de 4.307 m de altitude, o oitavo máis elevado de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Khan mongol (1227-1255), neto de Xenguis Khan e fillo de Jöči. Foi xefe da grande expedición mongólica que invadiu e devastou Rusia, Polonia, Silesia, Hungría e Dalmacia, chegando ata Klosterneuburg (1237-1242). O seu khanato foi coñecido como o de Kipchak ou da Horda de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpear de maneira reiterada.

    2. Bater un líquido contra as paredes do recipiente que o contén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xeiras dedicadas á malla que o campesiño debía ofrecer ao señor feudal durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ría de Muros e Noia, situada no litoral da parroquia de Miñortos (concello do Porto do Son).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Traballou especialmente na determinación de pesos atómicos, de densidades e compresibilidades dos gases reais, e estableceu un método para calcular constantes químicas verdadeiras en substancias monoatómicas. Ocupou entre 1932 e 1963 a cátedra de Química Física na Universidade de Santiago, a primeira desta especialidade no Estado español. O grupo de investigación que se conformou no seu contorno foi un dos equipos que se dedicou, xunto cos de Xenebra e Madrid, á determinación precisa das masas atómicas tomando como base o isótopo do carbono 12. En 1955 foi designado membro titular da Comisión Internacional de Pesos Atómicos, da que foi presidente e na que xogou un papel relevante no establecemento dunha escala única de masas atómicas. Foi membro da Comisión Internacional de Táboas Constantes, académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, e en 1963 foi nomeado conselleiro de honra do CSIC.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de fentos, toxos e outros restos recollidos en terreos baldíos ou no monte para estrar a corte do gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Lalín. As súas armas levan, en campo de azul, batume nun terreo de sinople. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Batumeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da República Autónoma de Adxaria, Xeorxia, á beira do Mar Negro (137.100 h [1994]). Está situada na desembocadura do río Coruh, nunha chaira litoral. É a terminal do oleoduto que procede de Bakú; ademais, é un centro comercial de primeira orde especializado na exportación de petróleo, té, froita, seda e la. Na Antigüidade foi unha factoría grega, chamada polos romanos Bathys. Na época do Emperador Xustiniano recibiu o nome de Petra. Durante a Idade Media formou parte do Reino de Xeorxia e no s XVII foi ocupada polos turcos, que a posuíron ata que llela cederon aos rusos no ano 1878 en cumprimento dos acordos do Congreso de Berlín. Entre esa data e 1886 tivo a condición de porto franco. En virtude do tratado de Brest-Litovsk (3.3.1918), polo que Rusia abandonaba a Primeira Guerra Mundial, volveu á soberanía turca. Non obstante , a posterior capitulación dos Imperios Centrais provocou que o acordado nese tratado fose explicitamente anulado polo de Versailles. O acordo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de batuxar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ara de madeira que empregan os directores de orquestra, de coros ou bandas de música, para alongar o efecto visual do brazo dereito e, xunto con outros recursos técnicos, facerlles posible aos músicos a precisa comprensión rítmica, dinámica e agóxica dunha obra. O seu uso xeneralizouse a partir do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de batuxar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Salpicar(se) con algún líquido, especialmente con auga.

      2. Mover un líquido cos pés ou coas mans para que salpique a alguén ou algo.

      3. Mover as aves as ás de xeito que salpiquen a alguén ou algo.

    1. Chapuzar na auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Balsa de tamaño pequeno empregada na conca do Miño, especialmente no treito anterior ao encoro dos Peares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural da Coruña. As súas armas levan, en campo de azul, e sobre ondas de azul e prata, un batuxo. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Batuxón e Batuxada.

    VER O DETALLE DO TERMO