Batuecas Marugán, Tomás
Químico. Traballou especialmente na determinación de pesos atómicos, de densidades e compresibilidades dos gases reais, e estableceu un método para calcular constantes químicas verdadeiras en substancias monoatómicas. Ocupou entre 1932 e 1963 a cátedra de Química Física na Universidade de Santiago, a primeira desta especialidade no Estado español. O grupo de investigación que se conformou no seu contorno foi un dos equipos que se dedicou, xunto cos de Xenebra e Madrid, á determinación precisa das masas atómicas tomando como base o isótopo do carbono 12. En 1955 foi designado membro titular da Comisión Internacional de Pesos Atómicos, da que foi presidente e na que xogou un papel relevante no establecemento dunha escala única de masas atómicas. Foi membro da Comisión Internacional de Táboas Constantes, académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, e en 1963 foi nomeado conselleiro de honra do CSIC.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Aldeanueva del Camino, Cáceres -
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela