"benzaldehido" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aldehido aromático, chamado tamén esencia de améndoas amargas, polo feito de que esta semente lle debe o seu cheiro característico e está entre os produtos de hidrólise da amigdalina. Obtense por oxidación do tolueno e tamén por hidrólise do cloruro de bencilideno. Emprégase como intermediario na síntese de colorantes e dalgúns fármacos (analxésicos, antiespasmódicos, antirreumáticos, etc), e tamén en perfumería, cosmética e alimentación como aromatizante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos tres isómeros orto, meta e para derivados do benzaldehido por adición do grupo fenólico. O primeiro emprégase como perfume, o segundo para fabricar anilina e o terceiro emprégase para obter anisaldehido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos tres compostos isómeros constituídos por un anel bencénico que é substituído asemade por un grupo nitro e un grupo formilo. O máis importante é o 3-nitrobenzaldehido que se emprega como intermediario de síntese, inhibidor da corrosión, antioxidante e repelente de insectos.