benzaldehido

benzaldehido
Nome científico: [C<sub> 7</sub> H<sub> 6</sub> O]
s m [QUÍM]

Aldehido aromático, chamado tamén esencia de améndoas amargas, polo feito de que esta semente lle debe o seu cheiro característico e está entre os produtos de hidrólise da amigdalina. Obtense por oxidación do tolueno e tamén por hidrólise do cloruro de bencilideno. Emprégase como intermediario na síntese de colorantes e dalgúns fármacos (analxésicos, antiespasmódicos, antirreumáticos, etc), e tamén en perfumería, cosmética e alimentación como aromatizante.