Benza, San Pedro de

Benza, San Pedro de

Igrexa parroquial situada no concello de Trazo. Románica dos primeiros anos do s XIII, conserva da primitiva fábrica a ábsida, de planta rectangular. Consta dunha única nave. No interior, o arco triunfal, dobrado e apuntado, descansa sobre un par de columnas, unha delas cun capitel de longas follas que semellan bastóns. O outro presenta unha decoración humana pouco frecuente no románico galego: sobre un fondo vexetal aparece un home con longa vestidura talar que abre os seus brazos en forma de cruz; podería tratarse do tema da crucifixión. No muro do testeiro ábrese unha fiestra rematada en arco de medio punto, sostido por dúas columniñas con capiteis de follas rematadas en espirais.