benzalconio, cloruro de

benzalconio, cloruro de
[QUÍM]

Sal de amonio cuaternario, mestura de cloruros de alquilbencildimetilamonio de fórmula xeral [C6H5CH2N(CH3)2R]+ Cl- onde R é unha mestura de grupos alquilo de fórmulas entre C8H17 e C18H37. Emprégase como axente tensioactivo catiónico e, a grandes dilucións, como xermicida.