"bodo" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
-
Relativo ou pertencente aos bodos.
-
Individuo das tribos bodo.
-
Conxunto de tribos (bara, garo, dimasa, etc) estendidas por unha zona comprendida dende o sur do Bhutan e do Assam ata o leste de Tripura. Dominaron o Assam ata o s XIII. Son agricultores e gandeiros, e coñecen a metalurxia, a cerámica e o tecido. A súa organización é patrilineal. Adoptaron parcialmente o sistema de castes. A súa relixión influíu no tantrismo.
-
Lingua asiática da familia sino-tibetana e do grupo tibetano-birmano. Fálase no Val de Brahmaputra por unhas 35.000 persoas.
-
-
-
PERSOEIRO
Novelista occitano. Residiu en Alxeria. Entre as súas obras cómpre subliñar Contes dels Balssas (1953) e Las Domaisèlas (1976). En xeral trata os problemas do home de hoxe que quere integrarse na civilización moderna sen renegar da súa identidade. A súa poesía (Sus la mar de las galeras, 1975) inspirou cancións moi populares.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos tipos orixinais empregados na impresión de Giovanni Battista Bodoni.
-
PERSOEIRO
Impresor italiano. Foi director da Stamperia Reale de Parma (1768) e impresor real de Carlos III (1782). Escribiu o Manuale tipografico (Manual tipográfico, 1818), cunha colección de 291 caracteres tipográficos romanos e itálicos. Déuselle o seu nome a un tipo de letra.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ulto redondeado que se fai no bordado.
-
Termo da xerga das palilleiras que designa ‘burato feito no pano e bordado ao redor’.
-
-
PERSOEIRO
Rei dos marcomanos. Foi educado en Roma na corte de Augusto, e ao voltar á súa patria, conduciu o seu pobo de Xermania a Bohemia, onde construíu un grande imperio xermánico con finalidades antirromanas. Posteriormente entrou en litixio con Arminio e foi derrotado. Refuxiado en Italia, foi confinado en Ravenna.
VER O DETALLE DO TERMO