Probais
Probais
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe galega que trae por armas escudo de prata, cun losanxe de goles, cargado dun castelo de prata, acompañado de catro flores de lis de azul, unha en cada recanto do escudo. Outro trae escudo contracortinado: 1 e 3, de prata, con dúas flores de lis de azul, colocadas en pau; 2, de goles, cun castelo de ouro.