probar

probar

(< lat probāre)

  1. v t
    1. Experimentar ou sentir o efecto dunha cousa.

      Ex: Probou a suavidade da tea.

    2. Comprobar ou examinar os coñecementos ou calidades de alguén.

      Ex: Probárono uns meses e logo contratárono indefinidamente.

    3. Someter unha cousa a certos traballos ou experimentos para ver as súas calidades ou o seu correcto funcionamento.

      Ex: Probaron un método novo. Déixalle probar a moto.

    4. Poñer unha peza de roupa para ver se senta ben.

      Ex: Déixame probar o teu xersei.

  2. v t
    1. Tomar unha pequena cantidade dun alimento ou dunha bebida para apreciar o seu gusto.

      Ex: Proba este zume.

      Confrontacións: degustar.
    2. Tomar moi pouco ou nada dunha cousa, especialmente dun alimento.

      Ex: Non proba o alcol nin o tabaco.

  3. v t

    Establecer a verdade de algo dando razóns ou argumentos, ou presentado feitos ou testemuñas.

    Ex: Probaron a súa inocencia. Probou que tiña razón.

  4. v i

    Facer o necesario para conseguir algo. OBS: Adoita empregarse con valor absoluto ou seguido da prep a.

    Ex: Agora probo eu. Probou a subir pola corda.

Palabras veciñas

Probais | probante | Probaos | probar | Probática, porta | probatoria | probatorio -ria
Conxugar
VERBO probar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
probo
probas
proba
probamos
probades
proban
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
probaba
probabas
probaba
probabamos
probabades
probaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
probei
probaches
probou
probamos
probastes
probaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
probara
probaras
probara
probaramos
probarades
probaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
probarei
probarás
probará
probaremos
probaredes
probarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
probaría
probarías
probaría
probariamos
probariades
probarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
probe
probes
probe
probemos
probedes
proben
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
probase
probases
probase
probasemos
probasedes
probasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
probar
probares
probar
probarmos
probardes
probaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
proba
-
-
probade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
probar
probares
probar
probarmos
probardes
probaren
Xerundio probando
Participio probado
probada
probados
probadas