"bulū" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua africana da familia bantú. Fálase en Camerún e conta con 170.000 falantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actor ambulante habitual nos ss XVI e XVII que percorría as vilas representando en solitario entremeses, loas ou comedias, e adaptando a súa voz aos distintos personaxes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da familia das nidulariáceas, de cogomelos con forma cilíndrica e cor alaranxada clara de 10 mm de diámetro. As esporas localízanse no interior destas cuncas formando uns casuliños duros, redondos e aplanados de cor amarela pálida. En Galicia está presente a especie C. laeve, que se desenvolve sobre madeira en descomposición.
-
CIDADES
Cidade situada en Cisxordania (130.000 h [estim 1995]). Fundada por Tito Flavio Vespasiano (72), moi preto de Siquem e do monte Garizim, foi unha vila palestina importante, coñecida como Flavia Neopolis. Ocupada por Israel desde 1967, Xordania renunciou a ela en 1988, e, a raíz dos acordos de paz de 1993, pasou a depender da Autoridade Nacional Palestina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe e escritor suízo. Mestre e bibliotecario do mosteiro de Sankt Gallen, contribuíu ao desenvolvemento do texto e das melodías das secuencias relixiosas. Consérvanse as Gesta Caroli Magni, un amplo Martyrologium e unha Notatio de illustribus viris sobre diversos comentadores da Biblia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Granada, da familia zírida. Sucedeu ao seu avó Badis no ano 1073. Foi deposto por Yūf ibn Tašin. Como monarca, interesáronlle máis as letras que a política.
VER O DETALLE DO TERMO