Cetinje

Cetinje

Cidade da república de Montenegro, Iugoslavia, situada nun val cárstico ao pé do Lovcen (20.123 h [1981]). Formouse ao redor do mosterio ortodoxo fortificado, fundado no 1485 por Ivan Crnojević ante a ameaza do poder otomán que avanzaba sobre a antiga capital, Zabljak. Este feito marca a fin do poder da rexión de Zeta e o comezo da historia de Montenegro. O mosteiro, arrasado polos turcos en 1692 e reconstruído por Vladika Danillo en 1702, converteuse en residencia dos príncipes laicos e eclesiáticos de Montenegro. Cetinje, coa axuda de Venecia, foi o emprazamento dende onde se organizou a resistencia contra os turcos, polo que sufriu numerosos saqueos e incendios en 1683, 1714 e 1785. Baixo o mandato do príncipe Nikola I Petrovič (1860-1918), Montenegro foi recoñecido como estado independente no Congreso de Berlín (1878) e a cidade viviu un dos seus mellores momentos. Co cambio de territorialidade na Segunda Guerra Mundial, a capital da República de Montenegro trasladouse a Podgorica en 1946, chamada dende aquela Titograd. A partir de 1993, coa disolución do mandato comunista en Iugoslavia, Cetinje compartiu con Podgorica funcións administrativas.