"campío" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unha das dúas principais marcas da Adega Terras Gauda (fundada como Adega das Eiras) do Baixo Miño, coa que se comercializa viño branco elaborado exclusivamente con uva albariño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo latino derivado do campus ‘chaira’, ‘campo aberto’, do que provén tamén o nome da rexión italiana de Campania. Como nome propio tivo probablemente o significado de ‘labrego’, ‘campesiño’. San Campio (s III) celébrase o primeiro domingo de xullo e o 29 de setembro, bardante Valga (24 de setembro) e Rubín (domingo de Pentecoste).
-
-
Aplícase ao terreo que deixou de ser cultivado.
-
Lugar no monte onde nace a herba espontaneamente.
-
-
GALICIA
Escritor. Licenciado en Filoloxía Hispánica, exerceu como profesor de segundo ensino. Fundou as revistas Aula I e Tagore, de orientación pedagóxica, e colaborou en Escuela Española. Publicou poesía e crítica literaria en revistas e xornais como Alcazaba, Trevo, Dorna, Cadernos do Támega, La Región ou El Universal. Membro do Grupo Dolmen, é autor do poemario O ar que nos leva (1987), da novela Baixo o sol do Magreb (1993) e dos volumes colectivos Sete poemas ourensáns (1992) e Poesía dos aléns (1993). Recibiu os premios Biblioteca Endesa (1977), Festa da luz (1980), Modesto R. Figueiredo de narrativa (1988) e Nadal (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Militar romano do s III que chegou a mártir cristián. O seu corpo estivo depositado nas catacumbas do cemiterio romano de san Calisto. Co gallo de dignificar a súa sé, o arcediago de Trastámara mandou trasladar o seu corpo en 1774 a Santa María a Real ou Santa Tasia de Entíns, en Outes. En realidade, o Papa Pío VI entregoulle os restos dun dos moitos soterrados que levaba o nome de Campio na lousa. Aínda así, a devoción popular cara a estas reliquias fixo que collese decontado sona de curandeiro, sendo invocado para sandar enfermidades neuróticas e psíquicas, como o meigallo e a posesión diabólica. Tamén é protector dos mozos que van ao servizo militar. O esqueleto de Entíns foi recuberto con cera e vai vestido de centurión romano, levando un sabre na man e, ao seu lado, unha bandeira e un escudo; apoia a cabeza nun cabeceiro próximo a un vaso ou redoma. Na imaxe que hai en Rubín (A Estrada) aparece de pé, vestido de militar romano cun helmo na cabeza e coa palma do martirio na man esquerda....
-
-
Que ou quen consegue a vitoria nunha competición, especialmente de tipo deportivo.
-
Cabaleiro que combatía en campo pechado ou que participaba nun torneo ou nun desafío para defender a honra ou a causa doutro.
-
Persoa que defende ou sostén unha causa ou un determinado ideal.
-
-
PERSOEIRO
Lexicógrafo, historiador e escritor. Publicou a serie Euskariana, de carácter histórico, lingüístico e literario, e unha Gramática de los cuatro dialectos literarios de la lengua euskera (1884). Ademais escribiu dúas novelas tituladas Blancos y negros (1898) e La bella Easo (1909).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xesuíta. Educado en Oxford, en 1573 converteuse ao catolicismo e ingresou na Compañía de Xesús en Roma. Enviado como misioneiro a Inglaterra con Robert Parsons (1580), á súa chegada foi detido e executado como traidor. Foi beatificado pola Igrexa Católica en 1886.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica e antropóloga neozelandesa. Filmou diversas curtametraxes en Australia antes de coñecer o éxito internacional con obras como Sweetie (Rapaza, 1988), An Angel on my table (Un anxo á miña mesa, 1990), The Piano (O piano, 1992, Palma de Ouro en Cannes e Oscar á mellor dirección en 1993) e The Portrait of a Lady (Retrato dunha dama, 1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e poeta. Destacou pola composición de textos líricos que el mesmo musicou e que apareceron nos catro Books of Ayres (1601-1617). É tamén autor do tratado Observations on the Art of English Poesie (Observacións sobre a arte da poesía inglesa, 1602) e dun tratado de contrapunto datado entre 1613 e 1614.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de probas organizadas nun xogo ou deporte de acordo cunha determinada regulamentación e cunha periodicidade convencional, nas que varios equipos ou participantes se disputan o título de campión.
-
Superioridade conseguida nas probas dun campionato.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campio Pérez Pérez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Víctor Campio Pereira.
-
GALICIA
Escritor e político. Coñecido como Campio Carpio, emigrou á Arxentina aos 17 anos, participou na loita sindical dentro da Federación Obrera Regional Argentina (FORA) e relacionouse con militantes libertarios como Sinesio García Fernández. Defendeu o anarquismo a través da súa colaboración na revista Hombre de América e desde 1959 en Reconstruir. Colaborou tamén co voceiro Galicia Libre durante Guerra Civil española e relacionouse co movemento libertario galaico. Participou na escolma de Antología de pensamientos (1947), de González Prada, escribiu El destino social del arte (1933), Curros Enríquez: poeta épico de la España heroica (1949), Poesía del destierro (1962) e No hay tiempo para morir (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen se clasificou en segundo lugar ao rematar un campionato.