"carst" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
-
Forma de relevo orixinada por procesos de disolución das rochas calcarias, xesos, dolomitas, etc. Entre as máis características destacan os poljés, as dolinas, as simas e os canóns. A auga é o axente erosivo fundamental para que se produzan os procesos de carstificación. A porosidade das rochas provoca a filtración da escorrentía superficial e a súa condución en correntes subterráneas, que orixinan finalmente as formas características.
-
Rexión de relevo cárstico.
-
-
PERSOEIRO
Pintor, debuxante e teórico da arte danesa. Inspirouse estilisticamente en Rafaello Sanzio e Michelangelo Buonarroti, e tematicamente en Homer, Dante, Ossian e Goethe, baixo as orientacións teóricas de Winckelmann. Dos seus debuxos destaca o Ciclo dos Argonautas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CUMIOS
Cumio máis elevado de Indonesia, ao O da illa de Nova Guinea, na provincia de Irian Jaya (5.040 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao carst.
-
Relevo propio das rexións de macizos calcarios, nas que se desenvolveu un carst. As formas superficiais son a garganta, a dolina, o lapiaz, o poljé, a uvala e as formas subterráneas: sima, caverna, cova, resurxencia, esurxencia, fonte vauclusiana, etc. Por extensión, cualifícase como cárstico todo relevo caracterizado por procesos de disolución das rochas calcarias e tamén xesosas ou salinas. Varía en función das condicións climáticas, da evolución xeomorfolóxica xeral e da estrutura xeolóxica (disposición e tipo de rochas). O trazo característico das áreas de relevo cárstico é a circulación subterránea da auga. Entre os seus puntos de absorción (diáclases, simas, etc) e os de saída (resurxencia), a circulación establécese aproveitando os puntos febles da masa das rochas (planos de estratificación, diáclases, fallas, etc) e dá orixe a un sistema de cavidades, pozos e galerías nos que a auga, que flúe libremente ou a presión, xera procesos de erosión mecánica e de disolución....
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de procesos que dan orixe a un relevo cárstico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Producir ou orixinar un relevo cárstico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carst fósil, recuberto ou non de sedimentos.