carst
carst
(< topónimo Kras ou Karst)
-
s
m
Forma de relevo orixinada por procesos de disolución das rochas calcarias, xesos, dolomitas, etc. Entre as máis características destacan os poljés, as dolinas, as simas e os canóns. A auga é o axente erosivo fundamental para que se produzan os procesos de carstificación. A porosidade das rochas provoca a filtración da escorrentía superficial e a súa condución en correntes subterráneas, que orixinan finalmente as formas características.
-
s
m
Rexión de relevo cárstico.