"cc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 617.
-
-
Acción e efecto de abstraer ou abstraerse.
-
Algo que é resultado da imaxinación e que non ten contacto coa realidade obxectiva.
-
Proceso mental mediante o cal certos elementos constitutivos dunha realidade concreta son separados dos outros e considerados illadamente. Máis particularmente, chamase así o proceso que separa os aspectos accidentais, individuais ou continxentes dos esenciais, universais ou necesarios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baixeza moral dunha persoa.
-
-
Cidade da Mesopotamia, fundada e restaurada por Sargón o Grande contra o 2600 a C. Foi a capital do Imperio Acadio, que dominou Mesopotamia durante a dinastía de Acad, a principios da segunda metade do III milenio. Os seus cobizados restos arqueolóxicos aínda non se acadaron.
-
Dinastía semítica de Mesopotamia (2371-2191 a C) do país de Acad que estableceu a capital na cidade de Acad. Fundada por Sargón, tivo once reis, dos que sobresaíron Rimush, Manishtusu, Naram-Sin e Shar-kali-sharri. Rematou coa derrota do último destes a mans dos guti, pobo montañés que procedía dos Zagros, aínda que continuou con seis monarcas máis sen relevancia. O poder baseábase no elemento semítico autóctono, aínda que algunhas opinións apuntan a que é un elemento inmigrado dende Siria, en detrimento do sumerio. Este feito implica, así mesmo, a división de Mesopotamia en dúas partes ben diferenciadas, a semítica e a sumeria, unha fenda étnico-política descoñecida na fase anterior, de control sumerio. Impón, por outra banda, unha organización política centralizada dende Acad, rompendo coa tradición sumeria de pequenas cidades-estado. Malia a súa dureza a dinastía foi inestable, tres dos seus reis morreron asasinados. En política exterior os acadios foron militaristas e expansionistas,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa telúrica itálica protectora das colleitas. Semella que o seu atributo de prostituta (lupa) deu orixe á lenda da loba que aleitou a Rómulo e Remo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adaptación latina de Akkad, transliteración anglosaxona para designar Acad .
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia formada en Venecia ao redor do editor Aldo Manuzio a finais do s XV, orientouse cara á arqueoloxía e á filosofía, dedicándose especialmente á revisión e edición de textos clásicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que tamén se coñece a Arcadia, academia romana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Accademia Nazionale dei Lincei.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pontificia Accademia dei Virtuosi al Pantheon.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia científica fundada en Florencia por Leopoldo de Médici (1657) seguindo o exemplo da Accademia dei Lincei e as ensinanzas de Galileo Galilei recollidas polos seus discípulos. Tiña como obxectivo o estudo dos métodos experimentais e da física moderna. Desenvolveu e realizou importantes experimentos sobre a presión do aire, os efectos do vougo, a conxelación de líquidos, as propiedades da calor, a propagación do son e da luz, cuestións de astronomía e ciencias naturais, etc. Mantivo relacións estreitas con outras academias científicas europeas, principalmente coa Académie des Sciences de París e coa Royal Society de Londres. Publicou uns Saggi (Ensaios, 1666), que permitiron establecer a importante contribución que fixo o movemento científico da época. Cesou a súa actividade en 1667.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Florencia no ano 1563 por iniciativa de Vasari xunto cun grupo de artistas, baixo a protección de Cósimo I de Médici. Está considerada como a primeira academia de arte regularmente constituída e legalmente recoñecida. Tiña atribucións que excedían a mera ensinanza, como a da tutela do patrimonio artístico. A partir do 1706 organizou exposicións de pintura. Foron membros destacables Nicolini, Paul Delaroche, Ingres e Viollet-le-Duc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Florencia (1582) coa finalidade de purificar a lingua italiana. No 1612 publicou un Vocabolario que, con varias reedicións e ampliacións, acadou sona internacional. Fusionada coa Accademia degli Apatisti no 1783, emancipouse dela no 1811, perdurando ata 1923.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pontificia Accademia delle Scienze.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principal academia de Italia. Fundada en Roma por Federico Cesi (1603) para o estudo das matemáticas, das ciencias naturais e da filosofía. Desapareceu en 1630, pero foi restablecida no ano 1801. En 1870 desdobrouse na Pontificia Accademia delle Scienze e na Reale Accademia Nazionale dei Lincei, que se incorporou á Accademia d’Italia en 1939. Logo da súa reestruturación, realizada no ano 1944, organízase en torno a dúas seccións: a de filosofía, historia e filoloxía, e a de física, matemáticas e ciencias naturais; cada unha delas ten setenta e dous membros. A súa biblioteca posúe aproximadamente medio millón de volumes (1999); edita nove publicacións periódicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia artística de Roma fundada por Federico Zuccari no ano 1593. Ademais das súas actividades pedagóxicas, tivo importantes funcións representativas e unha intensa vida corporativa, estando aberta aos artistas estranxeiros. Desapareceu no ano 1874, coa creación do Reale Istituto delle Belle Arti, que asumiu as súas funcións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución florentina promovida por Cósimo de Médicis, quen concibira a idea de facer revivir en Florencia a Academia de Platón, influído polo platonismo de Georgios Gemistós Plēthōn. Neste sentido, foi Cósimo de Médicis quen no ano 1463 lle encargou a M. Ficino a tradución da obra de Platón e lle cedeu a vila de Montevecchio (Careggi), que a partir dese momento pasou a chamarse Academia. A Academia opúñase ao aristotelismo averroísta, tentando conciliar platonismo e cristianismo. Disolveuse no ano 1521.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que tamén se coñece a Accademia Romana. A denominación de Pomponiana deriva do seu fundador, o humanista Pomponio Leto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Academia Pontaniana Institución fundada cara ao ano 1440 en Nápoles baixo a protección de Alfonso IV de Aragón, de onde deriva o seu primeiro nome de Academia Alfonsina. Nos comezos os seus membros reuníanse ao redor de Antonio Becadelli, o Panormita (deste alcume deriva o nome de Academia Panormitana), e á súa morte dirixiuna Giovanni Pontano, de quen toma o nome definitivo. Os seus obxectivos eran a realización de estudios filolóxicos e a promoción dos escritores napolitanos (Sannazzaro, etc). Disolveuse a mediados do s XVI e rexurdiu nos primeiros anos do s XIX con obxectivos diferentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Accademia Pomponiana Institución fundada ao redor do ano 1460 en Roma polo humanista Pomponio Leto, polo que tamén se coñece co nome de Accademia Pomponiana. Tiña como finalidade o culto ao mundo clásico, polo que nas reunións se discutía sobre filosofía, arte, filoloxía e arqueoloxía. Os membros latinizaron os seus nomes e dataron os seus escritos ab urbe condita. O seu ton paganizante provocou que os seus membros fosen acusados, no ano 1468, de conxura contra o papa e de pretender a liberación de Roma da suxeición da clerecía. Así, por orde de Pablo II foron apresados Pomponio Leto e Bartolomeo Sacchi o Platina, ademais, forzou a disolución da academia; renovada baixo Sixto IV, as xuntanzas continuaron ata 1527.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada por Bieito XIV co nome de Accademia delle Romane Antichitá (1740), ten a súa orixe, sen embargo, na Accademia Romana. Pío VIII concedeulle o título de Pontificia, polo que a partir dese momento pasou a designarse Accademia Romana Pontificia di Archeologia. Ten por obxecto principal o estudo da antigüidade clásica e paleocristiá.