"chambo" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de chambar.
-
-
Que ou quen é pouco hábil para levar a cabo aquilo que realiza ou que o fai mal.
-
Persoa que compra e vende cousas usadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción propia dun chambón.
-
PERSOEIRO
Compositor e clavecinista. Descendente dunha saga de coñecidos organistas, está considerado como o precursor dos grandes clavecinistas franceses. Foi primeiro clavecinista de cámara de Luís XIV e tivo numerosos discípulos, entre eles os Couperin, Robert Cambert e Jean-Henri d’Anglebert. Compuxo obras exclusivamente para clave dunha elaborada ornamentación, como a colección Pièces de clavecin (Pezas de clavecín, 1670).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Castelo situado cerca de Blois (Orléanais), no departamento de Loir-et-Cher, unha das mostras máis destacadas da arquitectura renacentista francesa. Foi construído por orde de Francisco I sobre un antigo pavillón de caza dos condes de Blois. As obras iniciáronse en 1519 pero non se remataron ata 1659. É probable que o italiano Bernabei Domenico da Cortona fixera os planos, non obstante levounos a cabo Pierre Nepveu, chamado Trinqueau. Tamén se pensa que Leonardo da Vinci puido traballar neste proxecto cando vivía na corte de Francisco I. O corpo central, de planta cadrada e coroado por un gran número de chemineas, conta cunha dobre escaleira helicoidal. No exterior destacan as torres cilíndricas nos ángulos do edificio e no corpo central.