Chambord, castelo de

Chambord, castelo de

Castelo situado cerca de Blois (Orléanais), no departamento de Loir-et-Cher, unha das mostras máis destacadas da arquitectura renacentista francesa. Foi construído por orde de Francisco I sobre un antigo pavillón de caza dos condes de Blois. As obras iniciáronse en 1519 pero non se remataron ata 1659. É probable que o italiano Bernabei Domenico da Cortona fixera os planos, non obstante levounos a cabo Pierre Nepveu, chamado Trinqueau. Tamén se pensa que Leonardo da Vinci puido traballar neste proxecto cando vivía na corte de Francisco I. O corpo central, de planta cadrada e coroado por un gran número de chemineas, conta cunha dobre escaleira helicoidal. No exterior destacan as torres cilíndricas nos ángulos do edificio e no corpo central.

Palabras veciñas

chambón -na | chambonada | Chambonnières, Jacques Champion de | Chambord, castelo de | 1 chambra | 2 chambra | chambrana