"delfina" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Antropónimo procedente do grego δελφίς ‘golfiño, arroaz’. Hai tamén quen opina que pode estar relacionado co termo delphys ‘útero’, por ser este cetáceo un animal mamífero, ou co antigo xentilicio Δελφίς ‘natural de Delfos’. O nome fíxose frecuente no S de Francia ao ser adoptado como título polos condes de Albon. Pouco despois, a rexión histórica que se estende desde o val do Rhône aos Alpes, centrada primeiramente na rexión de Vienne, pasou a denominarse Dauphiné (Delfinado). Cando no s XIV o Delfinado pasou á coroa francesa, déuselle o título de dauphin (delfín) ao herdeiro da coroa. Posteriormente, pasou a designar o presunto sucesor dun xefe de estado, dun magnate das finanzas ou dunha persoa poderosa. San Delfín (s IV), bispo de Bordeos, celébrase o 24 de decembro e santa Delfina de Glanderés (s XIV), beata franciscana, o 27 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller do delfín de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s XIV) Terciaria franciscana. Casou con santo Eleazar ou Ausias, nobre cabaleiro provenzal. Na iconografía viste hábito franciscano de cor parda atado ao van cun cordón branco; e leva, como atributos, unha palma ou azucena na man (símbolo da castidade), ou un libro. A súa festividade celébrase o 27 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica do SL de Francia que se estende desde o Rhône aos Alpes, polos departamentos de Isère, Drôme e os Altos Alpes. Centrada primeiro en Vienne, a capitalidade pasou posteriormente a Grenoble. Comprende as comarcas do Valentinoïs, as Baronnies e Champsaur, con centro en Valence. É unha área predominantemente agrícola, con cultivo de cereais e froitas. A industria é especialmente téxtil, papeleira e de coiro. Denominada antigamente Delfinado de Viennois, este territorio feudal xurdiu do antigo condado de Vienne cando o arcebispo Brochard, conde de Vienne, enfeudoulle a parte meridional deste condado a Guigues I, conde de Albon (1029). Os señores deste feudo foron denominados Delfíns, título que lle deu nome ao territorio que rexían. Foi gobernado por tres dinastías: a de Albon (1029-1062), a de Borgoña (1192-1281) e a de La Tour du Pin (1281-1349). O último delfín Humberto III cedeulle a Filipe de Valois, rei de Francia, o Delfinado que desde entón pasou a ser feudo dos presuntos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acuario para os golfiños.

    VER O DETALLE DO TERMO