"dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

  • Institución fundada en Florencia no ano 1563 por iniciativa de Vasari xunto cun grupo de artistas, baixo a protección de Cósimo I de Médici. Está considerada como a primeira academia de arte regularmente constituída e legalmente recoñecida. Tiña atribucións que excedían a mera ensinanza, como a da tutela do patrimonio artístico. A partir do 1706 organizou exposicións de pintura. Foron membros destacables Nicolini, Paul Delaroche, Ingres e Viollet-le-Duc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal, fundado por Pío X no ano 1908, que publica os decretos pontificios. Substituíu á Acta Sanctae Sedis, publicada dende 1865.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de numeración dos elementos celulares presentes nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade causada pola hipofunción aguda ou crónica do córtex das glándulas suprarrenais. Caracterízase por debilidade muscular, hipotensión arterial, cansazo físico, escurecemento cutáneo e manchas pigmentarias nas mucosas. O 60% dos casos son idiopáticos por mecanismo autoinmune.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político inglés. Foi redactor do xornal The Tatler que dirixía R. Steele, con quen fundou o diario The Spectator. Practicou unha literatura moral coa que tipificou a sociedade inglesa previtoriana, personificada no gentleman conservador e moderado. Foi Deputado (1708) e Secretario de Estado (1717). Das súas obras destacan a epístola poética A letter from Italy (Cartas dende Italia, 1704), o poema “The Campaing” (A campaña, 1705) e a traxedia Cato (1713).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico británico. É coñecido pola súa descrición da anemia perniciosa (1849) e o estudo das enfermidades suprarrenais (1855). Co seu nome, enfermidade de Addison , coñécese a insuficiencia crónica suprarrenal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome atenuada da enfermidade de Addison, que se encontra en moitas patoloxías xerais cando o proceso morboso lesiona secundariamente as cápsulas suprarrenais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da Etiopía, situada ao pé dos montes Entotto e ao L do altiplano de Shewa, a 2.730 m alt (2.112.737 h [1994]). Addis Abeba encóntrase nunha rexión agrícola, fértil e ben regada. Cidade de aspecto moderno, constitúe un importante núcleo de comunicacións. Centro administrativo, comercial e cultural, conta con universidade e   importantes museos. É sede da Organización para a Unidade Africana. A creación de Addis Abeba foi obra de Menelik II (1889), que transferiu alí os órganos administrativos do imperio etíope. Ao final da Guerra de Etiopía (1936), os italianos convertérona en sede do seu vicerreinado de África Oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Adis Abbeba, capital de Etiopía, ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Adis Abeba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deformación ou torsión pasaxeira das ás e outras partes do avión cando voa a grandes velocidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esaxeración morbosa do apetito sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Frixia, ao S do río Meandre, no emprazamento da actual Geyve, Turquía. Posúe un famoso templo dedicado a Afrodita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise dos factores de excitación sexual.

    2. Substancia ou medicamento que excita o apetito sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade da mitoloxía frixia. A lenda, transmitida por Pausanías, preséntao como un personaxe hermafrodita monstruoso, fillo de Zeus e pai de Atis. O seu mito está relacionado con Saturno e Cibeles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Patrón de intensidades luminosas correspondente á imaxe dun punto formada por un sistema óptico con abertura circular. O feito de que a imaxe dese punto non sexa exactamente un punto senón unha mancha é consecuencia da difracción orixinada polo diámetro limitado dos lentes e monturas dos instrumentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora coñecida co pseudónimo de Víctor Català. Autodidacta, mantívose fiel ao naturalismo e, na súa primeira época, ao modernismo. Da súa obra destacan Solitud (Soidade, 1905), Marines (Mariñas, 1928) Contrallums (Contraluces, 1930) e Jubileu (Xubileo, 1951). Fuxiu do realismo e da obxectividade científicas, creou un universo mítico e impregnou a súa obra dun sentimento fatalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxector de pequenas dimensións, usado para facer sinais luminosos co código Morse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    O Eséxeta (Afrodisia s II - III d C) Filósofo e matemático grego discípulo de Herminio e de Arsitocles de Messina. Ocupou entre o 198 e 211 a cátedra peripatética de Atenas. Destacou polos seus comentarios a Aristóteles, especialmente un que fixo á súa Metafísica, que influíron ata o Renacemento e orixinaron unha nova corrente dentro do aristotelismo: o alexandrismo, segundo o cal só o entendemento activo é separado e inmortal, a diferenza do pasivo (a alma individual). No seu Tratado sobre o destino e o libre albedrío combatía o fatalismo estoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado da antiga forma francesa de Amadeo, famoso por ser o nome dos protagonistas de moitas novelas de cabalerías do s XVI, especialmente do Amadís de Gaula. Non hai santo deste nome.

    VER O DETALLE DO TERMO