Addison, enfermidade de

Addison, enfermidade de
[PAT]

Enfermidade causada pola hipofunción aguda ou crónica do córtex das glándulas suprarrenais. Caracterízase por debilidade muscular, hipotensión arterial, cansazo físico, escurecemento cutáneo e manchas pigmentarias nas mucosas. O 60% dos casos son idiopáticos por mecanismo autoinmune.